A ferramenta pretende simplificar, aclarar e apoiar aos empresarios do sector na rexión Norte de Portugal a atopar as mellores solucións para loitar contra a crise. Entre outras, axúdanlles nas candidaturas ás liñas de apoio creadas polo Goberno
A microweb “Norte máis Forte” naceu para axudar o sector turístico a combater a crise provocada pola pandemia de covid-19.
Esta microweb é unha ferramenta que pretende simplificar, aclarar e apoiar aos empresarios ligados ao turismo a atopar as mellores solucións para poder combater esta grave crise e a pensar estratexicamente no futuro. A ferramenta tecnolóxica nace da necesidade manifestada por empresarios de microempresas.
A microweb vai ter, en tempo real, un servizo de asistencia simplificado e a axuda dun grupo de colaboradores para aclarar dúbidas e axudar na formalización dos accesos aos diversos apoios.
A plataforma conta, tamén, cun Foro de Discusión, onde se pretende moderar a creación e repartición dunha bolsa de ideas, permitindo atopar solucións para combater a actual crise, así como para o momento post-crise.