Skip to main content

DESCRICIÓN

A Mostra Musical do Eixo Atlántico foi creada en 2008 co obxectivo de recoñecer, promover, premiar e difundir a práctica da música, apoiando os músicos e músicas intérpretes de música clásica e jazz que, polo seu valor e interese, poidan contribuír á difusión do gusto pola música en Galicia e no Norte de Portugal, favorecendo a innovación, a calidade, a interacción e a renovación do panorama musical do Eixo Atlántico.

Cada dous anos, un dos municipios ou entidades membros do Eixo Atlántico acolle, durante unha fin de semana, preto de 300 alumnos das escolas de música e conservatorios das cidades do Eixo Atlántico, con idades de ata 18 anos na categoría de solistas e de ata 25 anos no caso dos integrantes de agrupacións de cámara e de gran formato.

O sábado celébrase a fase previa, da que saen seleccionados tres finalistas por cada categoría. O domingo pola mañá, o xurado elixe os gañadores de cada unha delas. Pola tarde, os vencedores reciben os seus premios durante a cerimonia de clausura, no transcurso da cal se rende homenaxe a unha persoa cuxa traxectoria supuxo unha destacada contribución ao panorama musical da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal.


IX Mostra Musical do Eixo Atlántico

IX Mostra Musical do Eixo Atlántico

Vilalba

23 e 24 de maio de 2026

V Mostra Musical do Eixo Atlantico

V Mostra Musical do Eixo Atlantico

Vilagarcía de Arousa
Abril de 2016

RESUMO PRENSA

IV Mostra Musical do Eixo Atlántico

IV Mostra Musical do Eixo Atlántico

Vilagarcía de Arousa
Maio de 2014

RESUMO PRENSA

III Mostra Musical do Eixo Atlántico

III Mostra Musical do Eixo Atlántico

Vilagarcía de Arousa
Maio de 2012

RESUMO PRENSA

II Mostra Musical do Eixo Atlántico

II Mostra Musical do Eixo Atlántico

Fases Previas: Vila Real / Mirandela
Fase Final: Vilagarcía de Arousa
Maio de 2010

PROGRAMA II MOSTRA

RESUMO PRENSA

I Mostra Musical do Eixo Atlántico

I Mostra Musical do Eixo Atlántico

Fases Previas: Vila Real / A Coruña
Fase Final: Vilagarcía de Arousa
Maio de 2008

PROGRAMA I MOSTRA