Xogos - Edicións anteriores
A continuación mostrámoslles unha galería de fotos das edicións anteriores.
DESCRICIÓN
Os Xogos do Eixo Atlántico teñen como principal obxectivo promover a práctica deportiva, fomentar a convivencia entre a mocidade e reforzar o coñecemento mutuo entre a cidadanía da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal.
Celebrados cada dous anos, constitúen un evento deportivo transfronteirizo único en Europa, que reúne na actualidade arredor de 2.000 mozos e mozas deportistas procedentes dos municipios e entidades membros do Eixo Atlántico.
Ao longo dunha semana, os participantes compiten en diversas modalidades deportivas, concretamente Balonmán, Baloncesto, Voleibol, Atletismo, Atletismo Adaptado, Natación e Natación Adaptada. Tanto as modalidades colectivas como as individuais dispútanse nas categorías masculina e feminina, promovendo a igualdade de oportunidades e a participación de todas as persoas deportistas.
Os Xogos do Eixo Atlántico evolucionaron de maneira continua, incorporando cambios orientados a reforzar os principios de inclusión, igualdade de xénero, fair play e excelencia organizativa. Estas melloras contribuíron a incrementar a participación dos municipios e entidades membros, consolidando este evento como unha referencia na cooperación transfronteiriza a través do deporte.
A continuación mostrámoslles unha galería de fotos das edicións anteriores.