Ford conclúe que a N304, que discorre polo Norte de Portugal, é a mellor estrada de Europa para conducir
Segundo a marca, a estrada que discorre polo Parque do Alvão, preto de Vila Real, é a mellor estrada de Europa para conducir. Ver vídeo
Coa intención de atopar a mellor estrada de Europa para amantes da condución, Ford está a percorrer o Vello Continente e publicando unha serie de vídeos coas súas preferidas. O seu último achado, a N304, está en Portugal e, polo momento, sitúase á cabeza.
En 2016, o equipo de Ford Performance, a división de altas prestacións da marca americana, percorreu miles de quilómetros para atopar as mellores estradas de Europa para conducir. O resultado, que se publicou nunha serie de vídeos en Youtube.
Tras o éxito da iniciativa, Ford continuou visitando estradas, buscando o trazado perfecto para gozar aos mandos dos seus modelos máis emocionantes. Con todo, a marca non só ten en conta o trazado para puntuar as estradas. Cunha puntuación máxima de 60 puntos, o equipo de Ford analiza até seis factores, entre os que se atopan, por exemplo, a beleza da paisaxe ou os aloxamentos dispoñibles na ruta.
N304: unha estrada pouco transitada
A sinuosa N304, que cruza as montañas do norte de Portugal e entra no Parque Natural do Alvão, pode, segundo Ford, ser a mellor estrada de Europa. É ancha, ten unha superficie de estrada perfecta, ofrece curvas rítmicas, incribles vistas e está pouco transitada.
“En tres días de rodaxe, apenas vimos outro vinte coches”, asegurou SteveSutcliffe, o xornalista encargado de pilotar o novo Ford Focus ST pola candidata portuguesa a mellor estrada de Europa.
“Hai outras estradas que se dirixen ao norte e ao sur, así que supoño que a tola e un tanto retorta N304 non é do gusto de todos, pero para os entusiastas da condución é unha ruta inesquecible”, sinala Sutcliffe.
Segundo Ford, os hoteis de boa calidade e económicos converten a esta parte tan pintoresca de Portugal nunha gran escapada para os turistas, así como para os amantes do motor. Ademais, conta con zonas para explorar próximas como unhas fervenzas e o río Olo.
O Parque Natural do Alvão é unha área protexida de Portugal, catalogada como parque nacional, e como Lugar de Interese Comunitario segundo a Rede Natura 2000. O parque é de reducidas dimensións e está situado entre os municipios de Mondim de Basto e Vila Real, no norte do país. Foi creado en 1983 e esténdese por unha área montañosa de 70 km2. A principal curiosidade xeolóxica é unha fervenza de auga coñecida como as Fisgas de Ermelo.
Lista das mellores estradas de Europa, segundo Ford
11. N304, Portugal, 57
12. C462, Cataluña, España, 56 puntos
13. D526, 926, Los Alpes, Francia, 55 puntos
14. Mountain Road, Illa de Man, 56 puntos
15. North York Moors, Inglaterra, 54 puntos
16. MA10, Mallorca, España, 53 puntos
17. Atlantic Ocean Road, Noruega, 53 puntos
18. Via Campocatino, Italia, 53 puntos
19. Transfagarasan, Romanía, 51 puntos
20. B500, El Bosque Negro, Alemaña 51 puntos