Con motivo do 30º aniversario do Eixo Atlántico, Victor Sampaio Dias compuxo esta sinfonía formada por catro compases renóvase cun deseño máis intuitivo e limpo co obxectivo de mellorar a experiencia dos usuarios
A web do Eixo Atlántico publica as noticias actualizadas sobre a entidade, así como "Artigos de opinión" escritos por responsables políticos e expertos en diferentes áreas, tanto de Galicia como de Portugal. Paulo Ramalho, Vereador da Cámara de Maia, Isabel Carvalhais, Deputada do Parlamento Europeo, Xulio Ríos, director do "Observatorio da Política China", ou José Luís Méndez Romeu, ex secretario de Estado de Cooperación Territorial, son algúns dos colaboradores habituais.
O navegador conta cunha "Biblioteca" na que o usuario poderá acceder aos máis de 150 estudos que o Eixo Atlántico edita e coordina. Neste apartado accédese ao Primeiro Informe Socioeconómico do Eixo Atlántico, presentado este ano e realizado polo catedrático Fernando González Laxe e o profesor portugués Adriano Fidalgo de Sousa.
Desde a páxina de inicio pode acceder aos departamentos que compoñen o Eixo Atlántico e consultar informacións relativas aos eventos culturais e deportivos tanto do Eixo Atlántico como das cidades e entidades integradas. Destaca, tamén, a axenda de Oportunidades da Unión Europea, onde publican diversas convocatorias da UE.
Ademais, a nova web facilita un acceso directo á XIII Bienal Virtual de Pintura do Eixo Atlántico. O percorrido virtual está totalmente personalizado de forma que calquera persoa pode elixir como percorrela. Cada cadro contén un globo de información cos datos da obra e o autor.
Con motivo do 30º aniversario do Eixo Atlántico, Victor Sampaio Dias compuxo esta sinfonía formada por catro compases. Pode escoitala nesta ligazón.
A publicación da Sinfonia do Eixo desenvólvese no enquadramento do proxecto C3D e Hi_Experience cofinanciado polo programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP), mentres a nova páxina sitio web, desenvólvese no proxecto C3D cofinanciado polo programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP).