O proxecto, financiado por Interreg POCTEP, foi recoñecido como unha boa práctica pola plataforma Policy Learning Platform de Interreg Europe, que recolle as mellores prácticas a escala europea para promover a súa réplica en diferentes territorios
O proxecto "Destino Frontera" e a súa idea de crear unha estratexia para a promoción da fronteira España-Portugal como destino único traspasou as fronteiras da Península Ibérica. Isto foi posible grazas ao proxecto EPICAH, financiado por Interreg Europe e á promoción do Eixo Atlántico, xefe de fila de ambos os proxectos.
A estratexia de promoción da fronteira España - Portugal xa fora apuntada como unha práctica a explorar anteriormente e presentada a nivel europeo nun webminario de boas prácticas en materia de promoción e turismo. Agora, o recoñecemento como boa práctica permitirá dar a coñecer ao proxecto a escala europea e a súa réplica noutros territorios de fronteira interesados.
Isto é, así mesmo, un recoñecemento e aval do labor que entre todos os stakeholders da fronteira España e Portugal, co programa POCTEP á cabeza, están a desenvolver para situar á fronteira hispano-lusa á vangarda da cooperación transfronteiriza en Europa.
Máis información:
https://www.interregeurope.eu/policylearning/good-practices/item/2706/destino-frontera/
https://www.rietiberica.eu/destinofrontera/