Skip to main content

As cidades do Eixo comparten a súas experiencias educativas nun seminario celebrado en Bragança

As cidades do Eixo comparten a súas experiencias educativas nun seminario celebrado en Bragança

Medio cento de participantes no II Seminario de Intercambio de Experiencias  no Ámbito da Educación do Eixo Atlántico

As cidades do Eixo Atlántico compartiron as súas experiencias educativas nun seminario celebrado en Bragança o 23 de marzo coa participación de medio cento de representantes dos concellos asociados.

Logo da benvida do presidente da Cámara de Bragança, Hernâni Dias, as cidades presentaron os seus proxectos educativos, agrupados en dous grandes ámbitos: Educación e Cidadanía, por unha banda; e Actividades para Alén do Currículo, pola outra.

O apartado de Educación e Cidadanía estivo moderado por Cristina Figueiredo, concelleira de Educación da Cámara Municipal de Bragança.

O primeiro municipio en compartir a súa experiencia foi Bragança quen explicou o seu proxecto de saúde oral “Sorrir branquiño”, co obxectivo de reducir a incidencia da carie dental e a incidencia das doenzas orais nos nenos, mellorar coñecementos e comportamentos sobre hixiene oral, así como permitir a equidade no acceso aos cuidados de saúde dos nenos con necesidades especiais. Esta presentación correu a cargo de Olivia Maria, enfermeira da Unidade de Coidados na Comunidade de Bragança/Ulsne.

Adelina Pinto, concelleira de Educación do Municipio de Guimarães, pola súa banda, falou sobre “Un pasaporte para unha cidadanía activa”, proxecto que comprende a creación e distribución dun pasaporte aos alumnos das escolas do concello promovendo unha maior identificación destes co patrimonio local, contribuíndo para a creación de coñecemento e vínculos que potencien unha participación máis activa como cidadáns coñecedores e coidadores das súas raíces culturais.

Santa Maria da Feira compartiu o proxecto “Escola a Mexer”, que xorde da necesidade de mellorar, animar e equipar os espazos escolares. Lilia Couto, técnico superior do municipio, explicou que o proxecto procura unha cidadanía activa a través da colaboración entre o municipio e toda a comunidade escolar promovendo intervencións de mellora do espazo escolar, que poderán ter formato de recuperación de edificio ou equipamentos, animación do espazo.

“Proxecto Advantage”, de Vila Nova de Famalicão, ten como obxectivo central promover o protagonismo do mozo e adulto con necesidades especiais a través da promoción de estratexias pedagóxicas, comunicacionais e estruturais innovadoras e flexíbeis que faciliten o seu ingreso no mercado de traballo, o acceso a oportunidades de formación ou recualificación profesional ou simplemente melloren o seu cadro de competencias como actores sociais e cidadáns activos no contexto europeo. Abraão Cosas, técnico superior do Municipio expuso o proxecto.
Por parte de Vila Real, José Pinto, xefe da División de Educación deste Municipio, presentou a “Mostra Escolar de Vila Real” iniciativa con base nos principios das Cidades Educadoras, para a implicación activa de toda a comunidade, a través da participación de institucións que actúan transversalmente no concello.

 

Actividades para Alén do Currículo

A presentación das Actividades para Alén do Currículo, pola súa banda, contou coa participación de Manuel Dios Diz, concelleiro de Educación de Santiago de Compostela, e presidente do Grupo Temático de Educación e Cultura do Eixo, quen moderou as intervencións e o debate posterior.
  “Cadeira Parade” é un proxecto do municipio de Paredes, que foi presentado pola propia coordinadora do proxecto, Sandra Sousa, e reflete a tradición e a experiencia na produción de mobiliário, principal industria do concello; que encontra na cadeira o seu símbolo máis icónico e materialízase nun conxunto de accións de natureza artística e cultural implicando empresarios, deseñadores así como a toda a comunidade, con especial atención no traballo elaborado para e polas escolas do concello.

O director da Academia de Artes de Chaves, Marcelo Chaves, falou sobre “Educación artística no concello de Chaves” O impacto da Academia de Artes de Chaves na educación do concello.

Por último, Sandra Pascoal, técnica superior da División de Edudación do Municipio de Maia, abordou “A Escola para alén do currículo”. A metodoloxía de proxecto aplicado ao programa de actividades de enriquecemento curricular nas escolas do municipio da Maia. A experiencia de 6 anos lectivos de traballo coa comunidade educativa e o seu impacto na dinámica da escola.