Skip to main content

O secretario xeral do Eixo Atlántico distinguido como Cidadán Honorario de Viana do Castelo no Día da Cidade

O secretario xeral do Eixo Atlántico distinguido como Cidadán Honorario de Viana do Castelo no Día da Cidade

No marco das conmemoracións do 178.º aniversario da elevación de Viana do Castelo a cidade, o Secretario Xeral do Eixo Atlántico, Xóan Vázquez Mao, foi distinguido co título de Cidadán Honorario, en recoñecemento ao seu contributo na cooperación institucional transfronteiriza, no desenvolvemento sostible e na proxección internacional do concello. gci 1141 1 2500 2500

A Sesión Solemne quedou igualmente marcada pola intervención do Presidente da Cámara Municipal de Viana do Castelo e Vicepresidente do Eixo Atlántico, Luís Nobre, quen defendeu a urxente reestruturación da fórmula de cálculo do Financiamento das Autarquías Locais, por considerala desaxustada ás realidades dos municipios. O autarca subliñou a necesidade de revisar o modelo de distribución do Fondo de Equilibrio Financeiro (FEF), defendendo criterios de maior transparencia, equidade e sostibilidade.

Luís Nobre advertiu de que o modelo actual impón unha fórmula estandarizada que ignora as especificidades locais, exemplificando que, en Viana do Castelo, os gastos de persoal representan o 92 % da transferencia central, situación que cualificou de “absolutamente asfixiante”.

A cerimonia, celebrada no Teatro Municipal Sá de Miranda, incluíu tamén a atribución de 39 títulos honoríficos a personalidades, institucións e empresas que se distinguiron polos servizos prestados a Viana do Castelo.

Viana do Castelo foi elevada á categoría de cidade o 20 de xaneiro de 1848, por decreto da raíña D. María II.