Reafírmase a vontade de continuar cos traballos de preparación do Gran Premio de Atletismo do Eixo Atlántico o día 29 de agosto do presente ano
O Grupo Temático de Deportes do Eixo Atlántico reuniuse onte de forma virtual para avanzar cos traballos de todas as actividades deportivas programadas.
Reafírmase a vontade de continuar cos traballos de preparación para levar a cabo o Gran Premio de Atletismo do Eixo Atlántico o día 29 de agosto do presente ano. Este evento deportivo consistirá nunha carreira de 10 km, promovido pola Cámara Municipal de Maia e polo Eixo Atlántico e que antecede á realización do XIV Xogos que terán lugar en Maia no ano próximo.
Tamén se conta con poder retomar a celebración dos torneos deportivos no último trimestre do ano, a terceira edición do Torneo de Taekwondo en Vila Nova de Gaia e a novena edición do Torneo de Hóckey Patíns na Coruña. Contémplase a posibilidade de volver organizar o Torneo de Fútbol Infantil do Carballiño así como a apertura do período de candidaturas para celebrar un torneo máis xa para 2022.
Sobre o VI Seminario de Intercambio de Experiencias no ámbito do Deportes, unha vez que se pretende celebrar de forma presencial, confirmouse que terá lugar en outubro de 2022 en Bragança.
Así como indicou o Presidente do Grupo Temático de Deportes, José Guilherme Aguiar, todas as actividades están a ser traballadas "para volver con moita forza despois de todos os adiamentos causados pola pandemia".