Skip to main content

O Eixo Atlántico presenta o seu primeiro Informe Socioeconómico

O Eixo Atlántico presenta o seu primeiro Informe Socioeconómico

O estudo realizado polo catedrático Fernando González Laxe e o profesor portugués Adriano Fidalgo de Sousa, realiza unha análise da conxuntura económica, demográfica e do comportamento poboacional das cidades de Galicia e do norte de Portugal en 2021

O Secretario Xeral, Xoán Vázquez Mao, presentou onte, 25 de abril, o primeiro Informe Socioeconómico do Eixo Atlántico no Auditorio de Abanca de Santiago de Compostela, nun acto presentado polo Presidente do Club Financieiro, Roberto Pererira. Na presentación tamén interviu o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Bugallo.

O estudo realizado por Fernando González Laxe, catedrático de Economía Aplicada de la Universidade da Coruña, e Adriano Fidalgo de Sousa, CEO de Astrolábio, Orientación y Estrategia SA,, está editado polo Eixo Atlántico. O anuário segue o modelo do Informe Socioeconómico de Galicia.

O informe constitúe unha fotografia da situación social e económica das cidades e do território da Eurorrexión tras a pandemia. González Laxe realiza un diagnóstico da situación actual que constitúe un soporte de información co propósito de axudar á promoción das áreas territoriais do Eixo Atlántico e coa voluntade de valorizar as súas fortalezas e pontecialidades. O informe é un instrumento para a análise, non só individual, sinón colectivo xa que tamén compara os territórios da Eurorrexión.

No Anuario, ademais de analizar a conxuntura económica, estúdase a situación demográfica e o comportamento poboacional na economia dos fogares, as condicións de vida das persoas, as características das empresas, o mercado de traballo e os aspectos relacionados co turismo.

Cada entrega enfantizará nun dos aspectos básicos das políticas e opcións económicas susceptibles de corroborar un maior cooperación entre as distintas institucionais que integran o Eixo Atlántico. Neste primeiro exercicio seleccionouse a análise da innovación e o desenvolvemento tecnolóxico de Galicia e a rexión norte de Portugal en relación aos seus Estados respectivos e á Unión Europea.

Fernando González Laxe, experto redactor do informe asegurou que co Primeiro Informe Socioeconómico móstrase que “Europa é un mosaico territorial co que xurden as macrorexións, o que é Galicia e o norte de Portugal que necesita aumentar os rasgos de seducción para atraer empresas, tecnoloxías, ideas, pensamentos e persoas. Se eso somos capaces de facelo, estamos creando a base para levar a cabo unha cooperación rexional.”

Laxe explicou: “Este informe é un soporte de información para axudar a asentar as bases territorias, salientar as virtudes máis relevantes desta macrorexión, dar a coñecer ferramentas de análise para reflexionar e salientar as dinámicas de desenvolvemento”.

Xoán Vázquez Mao, Secretario Xeral, afirmou que: “Cando falamos de Eurorrexión estamos a falar dunha realidade. Galicia e Portugal é unha unidade. Non esquezamos que Portugal é un país que se senta na mesa da Unión Europea. Portugal é Atlántico, polo tanto, os intereses de Portugal e Galicia son comúns e esa é a nosa fortaleza. Como consecuencia, é obligado construir un sistema portuario e outro aereoportuario".

O Secretario Xeral engadiu: “O Eixo Atlántico ten máis de 150 estudos e somos a entidade de Europa con máis informes rigurosos. Estos estudos facémolos, actualizándoos cada ano, con coñecemento da realidade para tomar decisións. O noso obxectivo claro é a creación de emprego. Para nós  é imprescindible impulsar o coñecemento.”

Roberto Pereira, Presidente do Club Financiero de Santiago de Compostela, asegurou que: "Pretendemos trabajar con el Eixo Atlántico en futuras ocasiones. Los datos que se dan en este informe son suficientemente importantes como para que pensemos que las alianzas y las posibilidades de colaboración con el norte de Portugal tendrían muchísimas repercusiones en nuestro territorio".

José Bugallo, Alcalde de Santiago de Compostela, recoñeceu: "O Eixo Atlántico vén facendo nestes 30 anos informes extraordinario e rigurosos, unha ves máis demóstrao con este primeiro Informe Socioeconómico".

Neste enlace pódese descargar o Informe Socioeconómico. Se desexan unha ampliación do mismo, poden contactar con Fernando González Laxe, catedrático de Economía Aplicada da Universidade da Coruña (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) ou Xoán Vázquez Mao, Secretario Xeral do Eixo Atlántico (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. / 699 30 33 29).

Este programa desenvólvese no marco do proxecto C3D cofinanciado polo programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP).