Skip to main content

O Eixo Atlántico abre ao público a actualización da súa Axenda Urbana cunha enquisa sobre o futuro de Galicia e do Norte de Portugal

O Eixo Atlántico abre ao público a actualización da súa Axenda Urbana cunha enquisa sobre o futuro de Galicia e do Norte de Portugal

O cuestionario permitirá recoller opinións e propostas da cidadanía sobre os desafíos, as oportunidades e as medidas prioritarias para mellorar a Eurorrexión. Acceda ao cuestionario aquí

O Eixo Atlántico está a poñer en marcha un proceso de participación cidadá no marco da actualización da súa Axenda Urbana, a primeira de carácter transfronteirizo desenvolvida na Unión Europea.

Esta iniciativa ten como obxectivo recoller a opinión da cidadanía sobre a Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal, co fin de definir as novas liñas estratéxicas do territorio.

O proceso insírese nos principais desafíos actuais das cidades e territorios europeos, como a transición enerxética e dixital, a evolución demográfica, o reforzo da cohesión social e territorial, así como a resiliencia fronte ás crises globais.

Sobre que trata a enquisa?

O cuestionario, dispoñible en liña e de resposta rápida, propón á cidadanía unha reflexión estruturada sobre cinco grandes bloques:

  • Fortalezas do territorio e das cidades
  • Debilidades e problemas actuais
  • Oportunidades de futuro
  • Ameazas ao desenvolvemento, ao benestar e á calidade de vida
  • Propostas de medidas concretas para mellorar o territorio e as cidades

Un proceso participativo e transparente

O Eixo Atlántico garante o anonimato das respostas e comprométese a publicar os resultados globais unha vez finalizado o proceso. O formulario estará dispoñible durante os meses de xuño e xullo na páxina web do Eixo Atlántico e pode completarse en poucos minutos. 

Acceda ao cuestionario aquí