O Grupo Temático de Educación e Cultura, reunido onte, 20 de abril, en Guimarães e integrado por responsables de dito ámbito das 39 cidades e entidades que compoñen o Eixo Atlántico, aprobou por unanimidad que Lugo será Capital da Cultura en 2023
A reunión foi presidida por Xoán Vázquez Mao, Secretario Xeral do Eixo Atlántico, e Adelina Pinto, Vicepresidenta da Cámara de Guimarães e nova Presidenta da Comisión Executiva do Grupo Temático de Educación e Cultura, electa por unanimidadena sesión.
Durante a xornada, á que asistiron os representantes de gran parte dos municipios do Eixo Atlántico, decidiuse por unanimidade que Lugo será a próxima Capital da Cultura do Eixo Atlántico en 2023.
A programación desenvolverase desde febrero a novembro e contempla unha amplia variedade de eventos así como distintas disciplinas, dende mostras de teatro, cine a conciertos, festivais de arte urbanos e exposicións, así como actividades infantís y certámenes gastronómicos, entre outras propostas, que se irán concretando da man dos concellos do Eixo Atlántico.
A Capital da Cultura do Eixo Atlántico é un programa, nado en 2007, que potencia a cultura en todas as súas expresións nas cidades do Eixo Atlántico. Transversal a todas as áreas culturais, a Capital da Cultura pon en valor bienalmente aos artistas da Eurorrexión e, especialmente, a cultura moza e urbana. Lugo recolle así o legado de Braga, última Capital da Cultura durante o 2020 e 2021 debido á pandemia.
O Secretario Xeral asegurou que: “La cultura es importante con enfoque en los jóvenes, no sólo en el consumo sino también en la producción. Es importante hablar de democratización cultural”.
O Gobierno de Lara Méndez, alcaldesa de Lugo e Presidenta do Eixo Atlántico, afirmou que: “Lugo es cultura y pretendemos apostar en los diversos ámbitos culturales, así como poner en valor los vínculos con los Concellos portugueses y gallegos. Queremos dar a conocer el Lugo del pasado pero con una visión moderna, innovadora y de vanguardia; fortalecer las sinergias, los agentes sociales y culturales y favorecer el diálogo entre todos los municipios.
Lara Méndez, promotora da candidatura, agradeceu o apoio dos municipios e avanzou que “a elección de Lugo como sede situaranos no mapa cultural internacional o vindeiro ano e será unha fiestra aberta a riqueza cultural da eurorrexión”. Subliñou que “dende o Concello apostamos pola cultura como un dos elementos decisivos no desenvolvemento social, económico e de identidade do municipio, a través do deseño de políticas culturais, diversas e plurais e que fomenten a capacidade creativa local, en sintonía coa nosa estratexia de cidade sostible”.
Segundo Lara Méndez, a candidatura de Lugo incluúe unha “interesante proposta vinculada ao pasado e a tradición ao mesmo tempo que impulsa unha visión moderna de innovación e vangarda, cunha ampla oferta cultural que será de interese para a toda a sociedade e coa que esperamos fortalecer as sinerxías e a cooperación dos axentes culturais e sociais de Lugo cos distintos municipios galegos e lusos que pertencen ao Eixo Atlántico, como unha contribución esencial para o diálogo entre os pobos”, mantivo a rexidora.
Na reunión do GT avanzouse na organización do Seminario de Experiencias que terá lugar en Sarria no mes de junio e no que se convocarán experiencias e boas prácticas relacionadas coa Promoción da Saúde mental nas Escolas.
Así mesmo, avanzouse nos últimos detalles da celebración da VII Mostra Musical que terá lugar en Ferrol no fin de semana do 14 ao 15 de maio.
Esta actividade desenvólvese no marco do proxecto Hi_Experience cofinanciado polo programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP).