As novas dependencias sitúanse nun edificio moderno próximo ao aeroporto e dotado con todos os servizos
O próximo 17 de decembro o Eixo Atlántico trasladará as súas oficinas a unhas novas dependencias na cidade de Maia, localidade onde se sitúa o aeroporto Sá Carneiro.
Até a data a sede atopábase na Ribeira do Porto, nunha zona clasificada como patrimonio da humanidade pola UNESCO; porén, o auxe do turismo en Porto, especialmente nesta zona, provocou unha especialización da zona que ao mesmo tempo provocaba algunhas disfuncionalidades nos usos característicos dunhas oficinas, polo que de común acordo co Concello do Porto e o de Maia optouse polo traslado a esta última cidade, dentro da área metropolitana do Porto.
As novas dependencias sitúanse nun edificio moderno e dotado con todos os servizos (amplo estacionamento, accesibilidade, proximidade ao aeroporto para acoller reunións internacionais, auditorio de conferencias, salas de reunións), propiedade do CM de Maia e da Xunta de Freguesía de Augas Santas, que deron todas as facilidades para a localización da sede portuguesa do Eixo Atlántico.
O enderezo da nova sede é o seguinte: Rúa Joaquim de Vasconcelos, 174 4425-455 Águas Santas Maia.
https://www.eixoatlantico.org/gl/noticias/eixo-atlantico/el-eixo-atlantico-traslada-a-sua-sede-portuguesa-a-maia#sigProId0be5c6d6b1