Skip to main content

O Eixo Atlántico debaterá a Axenda Urbana nun congreso que se celebrará en Braga en xuño

O Eixo Atlántico debaterá a Axenda Urbana nun congreso que se celebrará en Braga en xuño

Aberto o prazo de inscrición para asistir o 8 e 9 de xuño no Teatro Circo

A Axenda Urbana do Eixo Atlántico será debatida nun Congreso os próximos 8 e 9 de xuño no Teatro Circo de Braga, onde será presentada a primeira axenda urbana tranfronteriza europea.

Xa está aberto o prazo de inscrición para asistir a este congreso, que contará con cinco talleres coordinados por expertos da Axenda Urbana, onde se abordarán o cinco grandes áreas do esquema operativo do documento:

Sistema urbano organizado: o novo territorio
A cidade competitiva: crecemento e emprego
A cidade ecolóxica: o desafío da sustentabilidade
A cidade integradora e participativa: a nova sociedade
Municipios eficientes: a nova administración

 

A axenda urbana constitúe un proceso innovador de planificación estratéxica para a próxima década, cun dobre e estimulante reto: elaborar unha axenda estratéxica contando cos intereses de 38 cidades de moi diferente tamaño e posicionamento que, ao mesmo tempo, pertencen a dous Estados europeos.
Durante os meses de novembro e decembro de 2016, o Eixo puxo a disposición do público o documento para recibir as achegas que todos e todas quixesen facer. O resultado foi magnífico e enriquecedor para o documento que agora se presenta.

Este congreso pretende ser o foro no que os axentes políticos, sociais, económicos e culturais da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal coñezan de primeira man o documento estratéxico e poidan achegar todos os comentarios e ideas que melloren a axenda urbana.

 

O programa do Congreso e o formulario de inscrición xa está dispoñible a través da web do Eixo Atlántico.