Debate sobre descarbonización no programa especial do Eixo Atlántico en Onda Cero Vigo
O Secretario Xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, o catedrático en Ecoloxía, Emilio Fernández, e o experto en sustentabilidade, Frances Cárdenas, participaron o programa de Onda Cero Vigo
Durante o programa, dirixido por Rubén Rei, os entrevistados trataron sobre a descarbonización e o cambio climático, tema central da reunión do Grupo Temático de Sustentabilidade Urbana, celebrada esa mesma semana en Ponteareas.
Xoán Vázquez Mao, Secretario Xeral do Eixo Atlántico, asegurou que a reunión: "Foi moi participativa e iso significa que os Concellos e as Cámaras están moi implicados na vangarda". Ademais, tratou sore un novo concepto: "pobreza enerxética, cada vez hai mais xente que non pode pagar a factura da luz e non pode permitirse pór o aire acondicionado".
"Calquera problemática que teña o cidadán, aínda que non se competencia municipal, si que é incumbencia dos concellos e dos alcaldes", afirmou.
Emilio Fernández, catedrático en Ecoloxía , asegurou que: "Estamos nun momento de transición e esta, a de reformular o modelo, ten que ser obrigatoriamente rápida, leste é un gran desafío. Sim embargo, os efectos do cambio climático son lentos e as solucións tenden a selo, tamén". Denunciou que: "Os cidadáns temos que acostumbranos a mudar a forma de entender o benestar e a transicion sera menos dificutosa. Facemos cousas totalmente irracionais como conusmir obxectos que se producen en Sudamérica, se envansan en Asia e consómense en Estados Unidos".
Francesc Cárdenas, experto en sustentabilidade, declarou que: "Estamos nunha situación de emerxencia a nivel global e hai que pensar na pandemia, por exemplo, para lembrar unha situación de emerxencia". Engadiu que: "As ondas de calor son manifestacións puntuais, o tema é moito máis global. En 2020 bateuse a marca de movementos de humanos. 30 millóns por alteracións do clima e 10 millóns por guerras. A seca vai provocar migracións masivas en África".
"Todo isto é unha evidencia científica e padéceno millóns de persoas a nivel mundial aínda que noutro sitio somos un pouco mais previlegiados pero imos seguir padecendo as consecuencias deste modelo de desenvolvemento", asegurou Francesc Cárdenas.
Durante o debate, mencionouse tamén o Plan de Descarbonización, informe que o Eixo Atlántico publicará en decembro e está escrito por Emilio Fernández e Francesc Cárdenas, xunto cos expertos Ricardo Bento, Luís Ramos, Anabela Fernandes e Manuel Rodríguez.
O Plan de Descarbonización insiste en repensar o modelo de desenvolvemento e o das nosas cidades. Dado que o consumo de enerxía, e por tanto as estratexias para a descarbonización, son algo transversal a practicamente todos os sectores da actividade urbana, divídese o traballo en tres grandes ámbitos. Para o ano 2022 proponse abordar a compoñente física (urbanismo, espazo edificado, espazo público, equipamentos). En 2023 traballarase sobre os aspectos relacionados coa mobilidade e funcionalidade urbana, e en 2024 sobre os relacionados co metabolismo urbano (residuos, ciclo da auga, calidade do aire).
Este programa desenvólvese no ámbito do proxecto C3D cofinanciado polo programa Interreg VA España-Portugal.
Pode escoitar o programa completo de Onda Cero Vigo nesta ligazón.