Skip to main content

Braga entrega la bandera de los Xogos a su próxima sede en 2022

Braga entrega la bandera de los Xogos a su próxima sede en 2022

Maia será a sede no 2022

O municipio de Maia acollerá os Xogos do Eixo Atlántico en 2022, unha iniciativa deportiva que cada dous anos xunta a millares de mozos dos municipios e entidades que integran o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, e que mira pola promoción do deporte, a convivencia entre a xuventude e tamén o mellor coñecemento entre a cidadanía da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Na súa última edición, en 2019, os Xogos do Eixo Atlántico tiveron lugar en Braga.

Para facer oficial a sede dos Xogos do Eixo Atlántico de 2022 realizouse o pasado venres, 3 de setembro, no Salón Nobre da Casa do Concello de Maia, a cerimonia de traspaso da bandeira dos Xogos de Braga para Maia, protagonizada polo alcalde de Maia, António Silva Tiago, polo Presidente do Eixo Atlántico, Ricardo Rio, polo Secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, polo concelleiro de Relacións Internacionais de Maia, Paulo Ramalho, polo Presidente do Grupo Temático de Deporte do Eixo Atlántico, José Guilherme Aguiar, e polo Presidente da Assembleia Municipal da Maia, Bragança Fernandes. A data contou así mesmo coa presenza de varios alcaldes e responsables das asociacións de deporte en Portugal.

Ricardo Rio recordou que o “deporte serve para unir os pobos e para fortalecer relacións”. O Presidente do Eixo Atlántico explicou que en 2019 se bateu o “récord de participación nos Xogos” e resaltou que en 2022, “os xogos serán aínda máis atractivos”. “Despois da pandemia, esta será unha oportunidade para o reencontro”, concluíu.

Despois da entrega da bandeira ó alcalde de Maia, a cerimonia contou tamén con momentos musicais, protagonizados polo trío de cordas Lusitanae Ensemble, e a entrega de camisolas alusivas ós Xogos a todos os responsables de asociacións deportivas presentes no evento.

Unha vez pasado o testemuño entre concellos, Silva Tiago, alcalde de Maia, afirmou que “o deporte é o movemento social máis importante e máis universal dos tempos modernos”. O alcalde recordou que Maia foi Cidade Europea do Deporte en 2014, e salientou que “o deporte é, dende hai máis de tres décadas, unha clarísima aposta do Municipio”. Silva Tiago garantiu que “é unha honra recibir esta bandeira” e dixo así mesmo que, esta 14ª edición acontecerá no “verán de 2022” e será “integrada nas festas do concello”. “Maia acollerá en festa, celebrando a amizade e a cooperación”, engadiu. “Agradezo a confianza que o Eixo Atlántico deposita en nós”, terminou.