Skip to main content

A VII Mostra Musical homenaxea á compositora portuense Isabel Soveral

A VII Mostra Musical homenaxea á compositora portuense Isabel Soveral

A homenaxe celebrarase o 15 de maio, ás 16.00 horas no Auditório Municipal de Ferrol, durante a entrega de premios da Mostra

A Mostra Musical de Mozas Intérpretes reúne cada ano cerca de 300 alumnos das escolas de música e conservatórios das cidades do Eixe Atlántico. Nesta VII Mostra Musical, que se realizará os días 14 e 15 de maio en Ferrol, o grupo de responsábeis municipais e socios da Mostra Musical, decidiu, por unanimidade, homenaxear Isabel Soveral.

Esta compositora de música clásica contemporánea, natural do Porto, é profesora asociada con agregação na Universidade de Aveiro e membro do Instituto de Etnomusicologia - Centro de Estudos en Música e Danza. En 2014 creou a plataforma EAW (Electroacoustic Winds). Desde 2008 que Isabel Soveral é membro do Consello Científico do Centro de Investigación e Información da Música Portuguesa - MIC.PT.

Formouse no Conservatório Nacional de Lisboa, onde foi discípula de Jorge Peixinho e de Joly Braga Santos, e doutorou-se en composición en Nova York, onde estudou so a orientación de Daría Semegen e Bulent Arel. As súas primeiras obras estaban impregnadas de lirismo musical, en liña co seu mestre Jorge Peixinho. Despois preocupouse especialmente cos aspetos técnicos da produción sonora e da súa proxección o tempo e no espazo, que acaban por encamiñar a compositora para unha estética progresivamente máis abstrata.

A homenaxe será presidida polo Alcalde de Ferrol, Ángel Mato Gradua, e pola Presidente do Eixe Atlántico, Lara Méndez.

O obxectivo deste evento, desde que comezou en 2008, é recoñecer, promover, premiar e difundir a práctica da música, apoiando os mozos.

A Mostra Musical desenvólvese no ámbito do proxecto Hi_Experience cofinanciado polo programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP).