Skip to main content

Lugo e Ecoembes poñen en marcha Reciclos, unha nova iniciativa para fomentar a reciclaxe de envases na cidade

Lugo e Ecoembes poñen en marcha Reciclos, unha nova iniciativa para fomentar a reciclaxe de envases na cidade

Desde o ano 2017 produciuse un aumento dun 19,43% Kg/ano no contenedor amarelo

Os habitantes de Lugo comprometidos coa reciclaxe poderán obter desde hoxe recompensas cada vez que reciclen as súas latas e botellas de plástico de bebidas. Isto é posible grazas á aposta do Concello por Reciclos, o Sistema de Devolución e Recompensa (SDR) desenvolto por Ecoembes, co que ambas entidades buscan fomentar a reciclaxe de envases na cidade e promover unha economía verde e circular.

A nova campaña foi presentada coa participación do tenente de alcaldesa e concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Fernández, así como do xerente de Ecoembes en Galicia, Fernando Blázquez.

Deste xeito, os veciños e veciñas de Lugo poderán reciclar as súas latas e botellas de plástico de bebidas nun dos 800 contedores amarelos das rúas da cidade -aos que se lles incorporou un Código QR- e obter recompensas que poderán doar a proxectos locais.

Lugo é un dos primeiros concellos de Galicia, tras Santiago e Vigo, en impulsar esta acción conxunta con Ecoembes, “coa que desexamos visibilizar os beneficios medioambientais de reutilizar os envases e o aforro que supón en emisións de CO2, auga e enerxía”, explicou o edil.

Incremento da reciclaxe en Lugo

Desde o ano 2017 produciuse un aumento dun 19,43% Kg/ano no contenedor amarelo (pasando de 979.660 a 1.170.040 kg/ano). Cada lucense aportou 11,9 kg/ano de media por persoa. A pesar dos datos ascendentes desde hai 5 anos, do ano 2020 ao 2021, as cifras apuntan un descenso dun 4,6% e recolléronse un 4,3% menos de kg, de aí a necesidade de seguir a promover campañas que fomenten esta práctica sostible.

Así funciona Reciclos

Para facer uso deste sistema, os cidadáns só teñen que descargarse a app gratuíta Reciclos e, na casa, escanear o código de barras da lata ou botella de plástico que queren reciclar antes de tiralo ao cubo. Unha vez na rúa, cando acudan ao contedor amarelo coa súa bolsa de envases, deben depositala alí e escanear o código QR que hai no contedor.