Skip to main content

“O Camiño por Mar”, unha exposición que inclúe a reconstrución da embarcación “naomhóig”, símbolo do camiño xacobeo por mar

“O Camiño por Mar”, unha exposición que inclúe a reconstrución da embarcación “naomhóig”, símbolo do camiño xacobeo por mar

A embarcación é un dos emblemas do Camiño Xacobeo por Mar

Mañá, xoves 4 de abril ás 12:00, no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, A Asociación Galega do Patrimonio Industrial (Buxa) presenta a exposición “O camiño por Mar” que inclúe o proxecto de reconstrución da embarcación “Naomhóig”, o barco empregado por catro amigos irlandeses en 2014 para facer o Camiño de Santiago a remo desde Dublín convertíndose no emblema do Camiño Xacobeo por Mar.
O bote, depositado no Museo do Mar de Galicia, vai ser reconstruído no marco desta exposición convertíndose en epicentro dunha serie de actividades que rememorarán a tradición do Camiño, da navegación e das históricas relacións galaico-irlandesas.
Un dos remeiros copropietario do bote, Liam Holden, e o fundador da obra social Meitheal Mara, Pádraig Ó Duinnín, visitan estes días Vigo convidados por Buxa para planificar e organizar a restauración deste barco tradicional irlandés no marco da exposición “O camiño por do mar”.
Intervirán:
- Manuel Lara Coira, presidente da Asociación Galega do Patrimonio Industrial (Buxa)
- Vicente Caramés, director do Museo do Mar de Galicia
- Xaime Arias, director de Proxección Social da CRTVG
- Liam Holden, membro da tripulación e propietario do bote
- Pádraig Ó Duinnín, fundador da obra social Meitheal Mara