Skip to main content

“Lugo na memoria”, un percorrido pola historia da cidade

“Lugo na memoria”, un percorrido pola historia da cidade

O usuario poderá ir  percorrendo as rúas e prazas da zona histórica mentres accede á información e documentos orixinais

“Lugo na memoria” é unha aplicación virtual baseada en fotografía panorámica 360º que pretende poñer en valor o pasado da cidade a través da divulgación do importante fondo documental que atesoura o Concello.
O usuario poderá ir percorrendo as rúas e prazas da zona histórica mentres accede á información e documentos orixinais que contribuíron a conformación destes espazos, identificará aos arquitectos e técnicos que idearon e planificaron eses espazos polos que hoxe paseamos, e visualizará como evolucionaron eses espazos hasta chegar a actualidade.
Mais a aplicación non pretende ser un punto é final senón un punto sobre o que crecer, por iso desde o Concello invitan á cidadanía a contribuír a este proxecto aberto con documentos, historias e lembranzas que contribúan a resaltar o importante pasado da cidade. Para tal fin habilitouse como contacto o correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
Por último cómpre subliñar que a presente aplicación foi confeccionada polos alumnos e alumnas do Obradoiro dual de emprego InteracTICvate que durante os últimos 9 meses estiveron a alternar a súa formación coa realización deste e outros traballos.
http://lugonamemoria.gal/