A reunión co sector cultural de Guimarães celebrouse por videoconferencia
O Alcalde de Guimarães, Domingos Bragança, desafiou aos axentes da cultura local a participar de forma activa nos grandes eventos da cidade como as conmemoracións do 24 de Xuño “Día de Portugal ou as Festas da Cidade “; “Queremos colocar a intelixencia e creatividade de todos na procura de novas solucións”, defendeu Domingos Bragança, na reunión realizada por videoconferencia, coa participación de máis de dúas decenas de representantes do sector Creativo, Artístico e Cultural.
Esta reunión tivo como obxectivo a promoción dun debate de ideas e presentación de propostas ante a realidade actual, a fin de preparar un plan de acción debidamente adaptado e en condicións dunha resposta ao período de pandemia.
A concelleira da Cultura do Concello, Adelina Pinto, subliñou a necesidade de “manter a actividade cultural en Guimarães, diferenciada e esencial en tempos de pandemia e crear un mecanismo de apoio a todos aqueles que viven da Cultura e que se atopan cos seus ingresos e traballos reducidos a cero”. Apuntou, ademais, a posibilidade da creación dunha Canle de difusión da marca cultural de Guimarães.
O concello considera ao sector Creativo, Artístico e Cultural como un dos máis importantes sectores de actividade profesional da rexión e por iso, preténdese definir novos camiños que agora ven interrompida a súa normalidade.