A medida, que vai axudar a 45 artistas, ten as candidaturas abertas até 12 de xuño
O Concello de Braga xa confirmou un plan de apoio a 45 creadores e artistas locais “nas áreas da música, das artes performativas e das artes plásticas e visuais”. ACTUM, “Convocatória Aberta de Proxectos Artísticos 2020”, é o nome do programa e as candidaturas están abertas até 12 de xuño. Nun comunicado, a concelleira da Cultura, Lídia Días, calificou o plan como “un incentivo para a continuación do dinamismo cultural”.
“Co lanzamento desta convocatoria, o municipio de Braga pretende incentivar o desenvolvemento de proxectos artísticos que reflictan o momento actual. A acción considérase unha “prioridade” tendo en conta as consecuencias económicas que sacudiron o sector cultural na rexión e no país.
O programa está dividido en dous partes. A primeira destínase á “concepción e divulgación de traballos nas áreas da música, do baile, o teatro, entre outros, promovendo os diversos cruzamentos disciplinarios”. De aquí, sairán 20 espectáculos, cunha duración entre 15 e 30 minutos, que serán transmitidos nas redes sociais do Concello de Braga entre os meses de xullo e setembro deste ano.
A segunda fase de apoio “pretende apoiar a produción de obras na área da pintura, da escultura, do debuxo, do vídeo ou da fotografía”. As 25 obras creadas nesta iniciativa serán expostas na Casa dos Crivos e nunha plataforma en liña durante o último trimestre do ano.