Skip to main content

A Feira do Libro de Braga arranca este venres con ventas até setembro

A Feira do Libro de Braga arranca este venres con ventas até setembro

O certame ten este ano como escenario as plataformas dixitais. 

A Feira do Libro de Braga comeza este venres, día 3, contemplando un programa cultural en streaming que se desenvolverá durante o próximo mes. A venda de libros online vai prolongarse até ao día 3 de setembro.

A Feira do Libro de Braga preséntase este ano en formato dixital para minimizar o risco de propagación da pandemia de Covid-19. A plataforma usada recorrerá a unha tecnoloxía Street View, onde o visitante é convidado a viaxar polas rúas da cidade de Braga e seleccionar a caseta que pretende visitar, nos espazos onde normalmente transcorre a feira. Ao facelo é enviado para a tenda virtual da plataforma onde pode escoller e comprar os artigos que pretende, sendo estes entregados na súa casa.

Todos os que sigan a páxina da Feira do Libro nas redes sociais "van ter acceso as decenas de sorteos de libros. Haberá libros dos invitados, libros de editoras de Braga, libros antigos, libros novos, ficción, non-ficción, libros para todos" anuncia a organización na súa páxina de facebook, xa dispoñible.

O programa da Feira do Libro de Braga 2020 vai ser divulgado mañá, a través de videoconferencia. Están programadas conversacións cos escritores Richard Zimler, Isabel Stilwell, Afonso Reis Cabral, cos españois Ildefonso Falcones e Manuel Vilas e a brasileira Adriana Lisboa, entre outros.