Estará ata o 14 de outubro no Museo do Mar de Galicia. A mostra percorrerá tamén Monforte de Lemos, Lugo, Lalín e Barcelos ata febreiro de 2019.
O Museo do Mar de Galicia, situado en Vigo acolle este venres a XII Bienal de Pintura do Eixo Atlántico, con 28 obras de artistas de Galicia e o norte de Portugal.
A exposición itinerante abrirá as súas portas ás 20.00 h e permanecerá neste espazo expositivo ata o 14 de outubro.
A Bienal de Pintura do Eixo Atlántico naceu en 1997, contando con 12 edicións de itinerancia. Con máis de dúas décadas, este programa estimula a creación artística, e posibilita o intercambio cultural e o coñecemento de artistas que no Noroeste Peninsular constitúen unha contribución viva e dinámica no panorama cultural europeo.
Neste contexto, o Premio Novos Talentos Luso-Galaicos xurdiu para estimular o esforzo e a creatividade dos máis novos, suscitando un futuro culturalmente rico e diversificado.
A XII Bienal de Pintura percorre, entre novembro de 2017 e febreiro de 2019, varias cidades membros do Eixo Atlántico: O Barco de Valdeorras, Viana do Castelo, Porto, Braga, Peso da Régua, Riveira, Ourense, Maia, Santa Maria da Feira, Vigo, Monforte de Lemos, Lugo, Lalín e Barcelos.
Nesta edición, na que participaron máis de máis de 120 artistas, os premios do xurado presidido pola artista portuguesa Paula Tavares, recaeron en:
-Premio Novos Talentos Luso-galaicos: Fragmentos de Memória, de Fábio Araújo
-Segundo Premio de autor galego: América, de Xosé Lois Carreira López
-Segundo Premio de autor portugués: Two Big Women, de Marco Macedo
-Primeiro Premio á mellor obra do certame: Série 0, Descontruindo, de Fátima Teles.
OBRAS PREMIADAS
https://www.eixoatlantico.org/gl/noticias/cultura-educacion-y-deportes/a-bienal-de-pintura-do-eixo-atlantico-chega-a-vigo-este-venres#sigProIdf89f28b03c