Gañaron na final do domingo, celebrada na Coruña, ao equipo do Porto
O equipo de Valongo resultou vencedor este fin de semana na cidade da Coruña no VII Torneo Eixo Atlántico de Hóckey a patíns ao derrotar na final ao equipo do Porto.
Un total de 12 equipos sub 17 procedentes de cidades de Galicia e o norte de Portugal competiron os días 8 e 9 no Palacio dos Deportes e no Pavillón de Monte Alto.
En concreto as cidades participantes foron, por Portugal, Valongo (Asociação Desportiva Valongo), Gaia (ACD Gulpilhares), Bragança (Clube Académico de Bragança), Guimarães (CART), Porto (FC Porto) e Famalição (Riba D’Ave Hóckei clube). No caso galego os equipos procedían de Santiago (C.H. Compostela e Hóckey Club Raxoi) e da Coruña (Cía María, Liceo, Dominicos e Santa Maria del Mar).
GALERíA DE FOTOS
https://www.eixoatlantico.org/gl/noticias/ciudades/o-equipo-de-valongo-acada-a-victoria-no-vii-torneo-eixo-atlantico-de-hockey-a-patins#sigProId5a0257ff9a