Skip to main content

O Eixo Atlántico apoia a candidatura de Ferrol para ser Patrimonio Mundial da Unesco

O Eixo Atlántico apoia a candidatura de Ferrol para ser Patrimonio Mundial da Unesco

Ferrol, cidade do Eixo Atlántico, preséntase como candidata ante a Unesco para ser Patrimonio Mundial baixo o nome “Cidade de Ferrol: Porto da Ilustración”. Pode apoiar a candidatura cubrindo este formulario

A candidatura “Cidade de Ferrol: Porto da Ilustración” forma parte da Lista Indicativa da UNESCO a Patrimonio Mundial desde o 27 de abril de 2007. A proposta inclúese na categoría de bens culturais e ten como un dos principais valores o feito de que constitúe unha aplicación precisa e detallada do modelo utópico do “porto ideal” da arquitectura clásica. Así, o porto de Ferrol é un exemplo de como a acción directa e centralizadora da monarquía do século XVIII creou, a través de institucións académicas e técnicas, un complexo naval militar ex novo, de deseño unitario, con novidosas instalacións de apoio loxístico destinadas a manter unha frota de guerra.

Entre os valores da candidatura “Cidade de Ferrol: Porto da Ilustración”, alén da integridade e da autenticidade dos bens que a integran, cómpre destacar que varios dcandidatura figura 4 1024x546os seus bens fundamentais están declaradas BIC (Ben de Interese Cultural). Así é o caso do Barrio da Magdalena, declarado en 1984 e dos castelos de San Felipe e da Nosa Señora da Palma, xunto ás Baterías de San Cristovo, San Carlos e As Viñas e o Arsenal Militar, declarados en 1994.

A candidatura abarca aos Concellos de Ferrol, Fene, Narón, Neda, Mugardos e Ares e que, á vez, divide os seus compoñentes en cinco subáreas unitarias: Cidade-Praza, Porto Natural, Arsenal Militar, Arsenal Civil e Defensas Costeiras. Os cinco compoñentes que integran a candidatura conservan altos grados de integridade e autenticidade grazas a que se mantiveron en uso dende a súa construcción e a que no padeceron periodos de destrucción, características que as singularizan frente aos outros complexos navais-militares. O Concello de Ferrol conta cunha web específica para impulsar o camiño á declaración da Unesco.

Acadar o recoñecemento da UNESCO implicará unha maior protección tanto para a cidade coma para o seu porto natural e arsenais, e permitirá mellorar o mantemento dunhas construcións que contan tres séculos e conservan unha alta relación co plano orixinal, o que lles axuda a transmitir os valores do deseño e da construción racionalista.