Estes premios teñen como finalidade apoiar e impulsar os labores de investigación realizadas nalgún dos citados ámbitos universitarios cos que cada un deles está relacionado.
O Concello de Ferrol convoca dous premios de investigación, Ángeles Alvariño e González Llamos.
O premio de investigación Ángeles Alvariño está referido ao ámbito das Ciencias e ás titulacións universitarias que nel se inclúen.
O premio de investigación González Llanos está referido ao ámbito da Enxeñería e da Arquitectura e ás titulacións universitarias que nel se inclúen.
Estes premios teñen como finalidade apoiar e impulsar os labores de investigación realizadas nalgún dos citados ámbitos universitarios cos que cada un deles está relacionado.
Os proxectos presentados poderán relacionarse desde un enfoque estritamente teórico, a partir da análise de experiencias/feitos concretas/os ou como proxectos de futuro, podendo por tanto ter unha perspectiva histórica, de presente ou como proxección de futuro.
O prazo de presentación vai desde o 31 de agosto ao 28 de setembro de 2018 e os premios están dotados con 10.000 € cada un deles.
Máis información: