Bragança e Castela e León avanzan con estudo técnico para a realización da variante entre Rihonor de Castela (España) e Río de Onor (Portugal)
Nun comunicado do concello de Bragança anúnciase que foi oficialmente asinado, o 27 de febreiro pasado, un memorándum entre o Municipio e a Administración da Comunidade de Castela e León para a realización dun estudo técnico da variante de Rihonor de Castela (España) a Río de Onor (Portugal), no ámbito da mellora da conexión Bragança-Puebla de Sanabria por estrada
“A conectividad dos territorios é, cada vez máis, un factor de desenvolvemento, non só en termos económicos, sino tamén pola competitividade que proporciona”, afirmou Hernâni Días, Alcalde de Bragança. “É importante dotar aos territorios de infraestruturas de conexión internacional, promovendo a creación de máis e mellor emprego, nunha perspectiva de cohesión territorial de extrema relevancia, apoiando o crecemento sustentable da economía local e rexional”, engadiu.
Así, afirma o comunicado, o Municipio de Bragança dá un paso importante no sentido da construción desta importante infraestrutura, moi reivindicada dos dous lados da fronteira, que mellorará o acceso de Bragança e outras localidades portuguesas a Europa á nova Estación de Sanábria da Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia.
A melloría da conexión supón actuacións na vía aos dous lados da fronteira, obrigando á coordinación, articulación e creación das infraestruturas necesarias, co obxectivo de desenvolver unha maior cohesión territorial e económica. Desa forma está previsto o estudo de tres tramos uno exclusivamente en España ZA - 921 (Castela e León), outro en Portugal “EN – 505” (Estrada Municipal) e un terceiro común internacional España - Portugal, nunha variante de estrada ao seu paso polas localidades de Rihonor de Castilla e Río de Onor. Esa pasaxe é un dos actuais impedimentos á circulación fluída a todo o tipo de vehículos no traxecto Bragança-Puebla de Sanabria, dado que, naquela zona, o percorrido é moi estreito, impedindo a circulación en ambos os sentidos. Faise, así, imprescindible, a execución da referida variante, sen a cal non serían resoltas as actuais dificultades para atravesar Río de Onor - Rihonor de Castilla, e non estaría justificada a melloría da estrada. A elaboración deste Estudo Técnico rexistrará os aspectos técnicos e mediambientales en vigor, tanto na Comunidade de Castela e León, como en Portugal.