Matosinhos, cidade do Eixo Atlántico, preséntase como candidata á Cidade Europea do Deporte en 2025
A cerimonia de presentación da candidatura irá decorrer o próximo día 6 de abril, Día Mundial da Actividade Física, no Terminal de Cruzeiros de Leixões, polas 11h00, con entrada libre
Antes, polas 10h00, irá ter lugar unha mostra de cerca de dúas decenas de actividades deportivas na marginal de Matosinhos que se estenderá á praia e ao océano, que van desde clases gratuítas de surf, ao ténis de praia, pasando polas clases fitness, skate, entre moitas outras, sendo todas estas actividades gratuítas e abertas á poboación e a todas as faixas etárias.
A asignación do título "Cidade Europea do Deporte" é levada a cabo pola Asociación das Capitais e Cidades Europeas do Deporte e presentada a título nacional á Asociación Portuguesa das Cidades Europeas do Deporte.
O Concello de Matosinhos partilla da idea de que a práctica de exercicio físico e de deporte é algo esencial para o benestar e a saúde dos cidadáns e fundamental para as sociedades do século XXI. Matosinhos é xa unha referencia nos deportes ditos formais, cun associativismo moi forte, con cerca de 115 coletividades e máis de 10 mil atletas federados, en 45 modalidades. O que se pretende con esta candidatura é universalizar, aínda máis, a práctica do deporte.
Con cerca de 1.000 eventos previstos para o ano de 2025, coa participación estimada de cerca de 200 mil persoas, que van desde a organización de probas internacionais de relevancia, até aos torneos de deportes de praia, dos eventos de surf, vela, eventos inclusivos, até ás clases de fitness na marginal, Matosinhos pretende envolver a poboación de toda a rexión e recibir persoas de toda a europa tornando 2025 un ano de certo Mar de Deporte.