Skip to main content

As cidades do Eixo Atlántico aprenden boas prácticas de política enerxética en Bragança

As cidades do Eixo Atlántico aprenden boas prácticas de política enerxética en Bragança

O Seminario de Intercambio de Experiencias no ámbito da Sustentabilidade contou coa presenza do experto da Comisión Europea Samuele Furfari

A eficiencia enerxética non é unha opción, senón unha necesidade, unha obriga para todos e especialmente para os representantes municipais. Samuele Furfari, profesor de xeopolítica da enerxía na Universidade de Bruxelas, defendeu esta tese hoxe en Bragança durante o Seminario de Intercambio de Experiencias no Ámbito da Sustentabilidade organizado polo Eixo Atlántico.

Furfari, alto funcionario de política energética da Comisión Europea entre 1982 e 2018, pronunciou unha conferencia na que explicou aos representantes municipais a situación da “Oferta e demanda da enerxía- cual é o papel das cidades”, na que apostou por evitar sempre os despilfarros e tentar ser moi eficientes na construción dos edificios, entre outros asuntos.

Tras a intervención de Samuele Furfari, tomou a palabra Roger Artigues, director de compras de Epson Europa, que falou sobre os procesos de impresión dixital no marco do aforro enerxético e sustentabilidade na administración.

Finalmente o seminario rematou cun debate entre representantes municipais de Bragança, Valongo, A Coruña e Lugo, que intercambiaron as súas experiencias concretas de boas prácticas nos ámbitos da eficiencia enerxética en edificios públicos,iluminación, monitorización e uso da biomasa.

pdfDESCARGAR PROGRAMA

GALERÍA FOTOS