A exposición, que integra 28 obras inéditas de artistas galegos e portugueses, permanecerá nesta cidade ata o 13 de novembro
A Casa da Cultura de Monforte acolle, ata o 13 de novembro, a XII edición da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico, con 28 obras inéditas de artistas de Galicia e o norte de Portugal.
A mostra foi inaugurada o 17 de outubro, coa presenza do alcalde de Monforte, José Tomé, e posteriorme será traslada ao concello de Lugo.
Nesta edición, na que participaron máis de 120 artistas, os premios do xurado presidido pola artista portuguesa Paula Tavares, recaeron en:
-Premio Novos Talentos Luso-galaicos: Fragmentos de Memória, de Fábio Araújo
-Segundo Premio de autor galego: América, de Xosé Lois Carreira López
-Segundo Premio de autor portugués: Two Big Women, de Marco Macedo
-Primeiro Premio á mellor obra do certame: Série 0, Descontruindo, de Fátima Teles.
A XII Bienal de Pintura está a percorrer, entre novembro de 2017 e febreiro de 2019, varias cidades membros do Eixo Atlántico: O Barco de Valdeorras, Viana do Castelo, Porto, Braga, Peso da Régua, Riveira, Ourense, Maia, Santa Maria da Feira, Vigo, Monforte de Lemos, Lugo, Lalín e Barcelos.
FOTOS
https://www.eixoatlantico.org/gl/noticias/ciudades/a-xii-bienal-de-pintura-do-eixo-chega-a-casa-da-cultura-de-monforte#sigProId4e507df582