Skip to main content

Xoán Mao pide, na Radio Galega, máis coordinación política e defende que a alta velocidade con Portugal estará lista en 2032

Xoán Mao pide, na Radio Galega, máis coordinación política e defende que a alta velocidade con Portugal estará lista en 2032

O secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán V. Mao, en directo na Radio Galega

Sobre o Consello Estratéxico, Xoán Mao indicou: "O Eixo Atlántico é tamén un think tank. Hai que pensar en conxunto e, para iso, citamos a xente de todas as ideoloxías para pensar que debemos facer coas cidades e cales son as auténticas necesidades dos cidadáns".

Alta Velocidade Galicia - Portugal

“A conexión de alta velocidade con Portugal non está pendente. O único atraso que leva é de preto dun ano polo estudo informativo previo da saída sur de Vigo. Iso situaría a finalización do tren na data prevista, no 2031. Pónlle 203".

"Por outra parte, a Xunta non se está a implicar moito máis alá de queixarse; non está a negociar nada con Madrid como si fixo Fraga con Felipe González e grazas a iso tivemos as autovías, que é un exemplo de entendemento e negociación. O ministro español é un ministro arrogante e que, obviamente, non ten un gran apego por Galicia a pesar de ser fillo de galegos. O ministro español e o ministro portugués non se falan, non se levan ben. A última Cimeira Ibérica non tivo axenda de infraestruturas".