A intervención enmárcase nesta programación cultural dedicada á figura histórica de Inés de Castro e á súa dimensión lendaria, que reúne diferentes propostas arredor da historia, a literatura, a música e as relacións culturais entre Galicia e Portugal.
Na súa conferencia, Xoán Mao abordará a evolución dos vínculos históricos entre Galicia e o Norte de Portugal, desde a antiga Gallaecia ata a construción do espazo de cooperación que representa hoxe o Eixo Atlántico. Un percorrido que permitirá reflexionar sobre a identidade compartida, os lazos históricos e culturais e a importancia da cooperación transfronteiriza na construción dun espazo común europeo.
A participación do secretario xeral do Eixo Atlántico neste ciclo contribúe a poñer en valor a dimensión histórica e cultural das relacións entre Galicia e Portugal, así como o papel da cooperación territorial na construción dunha Eurorrexión máis integrada.
A actividade forma parte do Ciclo Inés de Castro e conta co apoio da Deputación da Coruña.