Skip to main content

O Barco de Valdeorras acolle a VI edición da Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico, Galicia e Norte de Portugal

O Barco de Valdeorras acolle a VI edición da Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico, Galicia e Norte de Portugal

O evento celebrarase os días 5 e 6 de setembro na Praia Fluvial do Malecón, con 20 produtores e artesáns

O Concello do Barco acollerá a VI edición da Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico, Galicia e Norte de Portugal, que este ano contará cun total de 20 produtores ou artesáns participantes, que ofertarán produtos gastronómicos de calidade, garantía de orixe, e elaborados no rural.  whatsapp image 2026 09 03 at 11.02.46

O evento desenvolverase na Praia Fluvial do Malecón, os días 5 e 6 de setembro, en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, e contará con actividades complementarias. O sábado será o día no que teña lugar a II edición do “Concurso Debuxa O Sil”, no que os participantes deberán debuxar unha paisaxe na que apareza o Sil ao seu paso polo Barco. Haberá dúas quendas de participación: de 11:30 a 13:30 horas, será a quenda da categoría de menores de 14 anos, e de 17:00 a 20:00 horas, será a quenda da categoría de maiores
de 14 anos. Resultará premiado o mellor debuxo de cada categoría.

A enóloga Cristina Murga dirixirá a actividade “Catas no Sil”, que se desenvolverá tanto o sábado como o domingo, ás 12:00 horas. A iniciativa consistirá nunha cata/degustación de produtos da Feira, ao prezo de 5 euros, con prazas limitadas. Dous obradoiros gratuítos e con prazas limitadas, desenvolveranse durante a Feira. O obradoiro de modelado “Barro Libre”, terá lugar o sábado ás 17:00 horas, da man de Ceniza de Papel. Outro obradoiro, nesta ocasión de cosmética botánica “Crema facial e corporal”, terá lugar o domingo ás
17:00 horas, da man de Piel Natura. O sábado tamén haberá tempo para a degustación gastronómica co “Showcooking de Casa Pampín”, que se desenvolverá a partir das 19:00 horas. A música será protagonista durante todo o evento coas actuacións musicais dos grupos “Os Parrandas” e “Dos en punto”, o concerto de “Ariadna Santana” e o DJ “Rapariga”, que se encargarán de amenizar as dúas xornadas.

A Feira contará cunha zona de Foodtrucks, onde os visitantes poderán gozar de múltiples opcións de comida e bebida.