Skip to main content

Braga e Lugo presentan as súas festas históricas en Radio Vigo

Braga e Lugo presentan as súas festas históricas en Radio Vigo

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o seu homólogo en Braga, Ricardo Rio detallaron citas como Arde Lucus ou Braga Romana

As cidades de Braga e Lugo ultiman os preparativos das súas grandes recreacións históricas das vindeiras semanas e os máximos responsables municipales  deron boa conta de todo no programa Hoy por Hoy, con Jacobo Buceta.

Durante o programa, que se emite na Cadena Ser, Localia e Antena Minho, a alcaldesa de Lugo aproveitou para agradecer a implicación de toda a cidadanía na organización do Arde Lucus, festa recentemente declarada de Interese Turístico Nacional, que este ano terá lugar do 30 de xuño ao 2 de xullo.

Pola súa banda Ricardo Rio puxo en valor a celebración da Semana Santa na súa cidade, que sempre congrega a numeroso público e detallou a vindeira edición da Braga Romana, que se celebrará do 18 ao 21 de maio. Rio explicou que durante eses dias o centro de Braga convértese nunha auténtica cidade romana e “pódese sentir o espírito romano en cada esquina”.

Tanto Méndez como Rio destacaron a importancia do rigor histórico nestas citas, que ademais contribúen ao fortalemento do sector turístico. Neste sentido, a alcaldesa de Lugo tamén puxo en valor a celebración do San Froilán, pero subliñou a existencia de recursos en Lugo para poder ofrecer unha oferta turística desestacionalizada.

Rally de Portugal
Entre as citas máis importantes do vindeiros días atópase tamén o Rally de Portugal, que o día 19 de maio terá en Braga unha das probas classificatorias máis espectaculares, cos mellores pilotos do mundo nas rúas do Centro Histórico de Braga.